Alicia, unha estudante de xornalismo que vive nunha sociedade utópica, vive en primeira persoa unha serie de acontecementos que lle fan exporse a súa forma de vida e o sistema social no que se criou. A través do enigma que lle expón o encontro dun misterioso obxecto, verase envolvida nunha complicada trama de investigación que lle desvelará que o mundo en que vive non é o que parece.
Pode o amor xurdir dunha mentira? Pódeche salvar un inimigo cun engano?
Gato Salvaje S.L. é unha empresa galega adicada dende 2010 á produción de videoxogos episódicos. O primeiro capítulo da aventura gráfica AR-K, sairá á venta durante o primeiro trimestre de 2011 baixo o título "Sexo, mentiras e traballos de clase". Poderase adquirir nesta páxina web a 5,95 euros, onde ademais atoparedes todos os proxectos en actual produción.